Retrato de Paterna Gundesíndez
Siervo/a de Dios

Paterna Gundesíndez

Nai de familia, fundadora, abadesa e mentora de santos

Sepulcro / Lugar de Devoción: San Xulián de Arnois

Biografía y Virtudes Heroicas

Trátase dun tipo de causa denominada "de confirmación do culto" ou de "culto inmemorial" ou "equipolente", pois é unha persoa á que se lle tributou culto público como santa desde o século X, moito antes dos Decretos do Papa Urbano VIII, polo que se mantén o culto existente, e agora pídese a Roma que o regularice canonicamente

Oración para pedir su intercesión

Nihil Obstat do Vaticano
Santa Paterna, nai caritativa, preocupada polo teu pobo, acórdate de min
Reza esta oración pidiendo la gracia o favor que necesitas y su pronta glorificación.

Unha luz para a túa oración

Acende unha candea

Únete ás 51 oracións ofrecidas por intercesión de Paterna Gundesíndez.

Favores Recibidos y Testimonios (16)

Comunicar favor
Favor familiar / persoalVALENCIA
15 de agosto de 2026

Unha oración escoitada Ante a preocupación polo resultado da biopsia do meu irmán, tras a aparición dun lipoma con ramificacións, acudín con fe á intercesión de Santa Paterna. Pediulle que intercedese ante Deus para que o resultado fose favorable. Finalmente, recibimos con enorme alegría a noticia que tanto esperabamos: a biopsia deu un resultado favorable. Quero deixar constancia deste testemuño como agradecemento a Deus e a Santa Paterna pola súa intercesión, e compartilo con quen acuda a ela en momentos de preocupación ou dificultade. Grazas, Santa Paterna, por acompañarnos na oración.

Testemuño de: s.Data do favor: agosto de 2026
Curación física / médicaSada
agosto de 2026

E E ten cancro con metástase desde hai máis de seis anos e sempre se encomendou a Sta Paterna, obtendo sempre alivio nas súas dores e aínda que non unha curación, si unha calidade de vida que chama a atención co cadro médico que ten

Testemuño de: E. E.
Curación física / médicaArnois
agosto de 2026

J N, un familiar noso, levaba ingresado 9 meses no hospital Juan Canalejo da Coruña sen atopar solución á súa enfermidade... Por complicacións tiveron que facerlle unha traqueotomía e ingresou na UCI con poucas esperanzas de recuperación... Por ese motivo pedinlle á nosa Santa Paterna que se apiadase del e ofrecínlle rezos e que asistiría á Misa se a súa recuperación o permitía; o día da festa de S. Paterna, 2026, el coa súa familia asistiu á Misa, só apoiado en muletas, despois de moitos meses sen poder aguantarse de pé e usando cadeira de rodas como máximo... A día de hoxe segue mellorando...

Testemuño de: M. J.
Curación física / médicaArnois
agosto de 2026

refírese a como o seu tío lle contaba que viña moita xente e que concretamente viña moita xente de Vigo na festa de Sta Paterna, e traían os seus testemuños...

Testemuño de: J. M. B.
Curación física / médicaOca
agosto de 2026

refire que a súa tía contáballe como a xente levaba terra de Sta Paterna aos enfermos, poñíanlla nunha bolsiña debaixo da almofada, e moitos melloraban, e despois devolvían esa terra...

Testemuño de: M. T.
Curación física / médicaOca
agosto de 2026

refírese a como a xente se encomendaba e confiaba en Santa Paterna como avogada contra o reuma

Testemuño de: M. T. R.
Favor laboral / necesidade materialArnois
agosto de 2026

Dúas amigas miñas que ían presentarse a unhas oposicións beberon da auga da fonte de Sta Paterna e ofrecínlles escoitar unha misa da santa unha vez que aprobasen a oposición. Aprobaron e asistiron á misa.

Testemuño de: S. P.
Curación física / médicaArnois
agosto de 2026

Hai sete anos un curmán meu (M M) enfermou de cancro e comprometinme a pagar unha misa o día da festa se a santa axudaba na súa curación. Grazas a Deus leva estes sete anos estupendamente e eu pago unha misa ese día.

Testemuño de: S. P.
Favor laboral / necesidade materialArnois
agosto de 2026

Cando estaba en COU (actual segundo de bacharelato), a miña avoa ao verme moi nerviosa pola selectividade, decidiu ofreceume á Santa Paterna. Eu debía ir sempre que puidese a escoitar unha misa o día da festa en outubro…. tiven uns resultados óptimos. Eu cumprín con este compromiso desde entón…

Testemuño de: S. P.
Curación física / médicaOca
agosto de 2026

refire que o seu marido estivo moi grave e que pediu a Santa Paterna por el, os médicos non lle deran ningunha esperanza, e curou, e vive ata hoxe...

Testemuño de: T. B.
Graza espiritualOca
agosto de 2026

Relata como hai anos viña moita xente en autobuses e pedían grazas á santa

Testemuño de: P. C.
Favor familiar / persoalArnois
agosto de 2026

un familiar estaba moi enfermo, estaba a morrer, pero pasaban os días, entre horribles sufrimentos, e non eran capaces nin de calmarlle os padecementos nin tampouco morría, ata que acudiron á intercesión de Sta Paterna, e ao momento o familiar morreu plácidamente, en paz

Testemuño de: M. J.
Curación física / médicaArnois
2 de febreiro de 2025

A afillada da miña nai, M., estivo bastante mal, ingresada, entubada, pedimos a Sta Paterna, e xa desde febreiro de 2025 saíu de todo e está ben

Testemuño de: S. P.Data do favor: febreiro de 2025
Curación física / médicaSantiago
10 de xullo de 2023

o tumor non se estendeu, non se produciu metástase

Testemuño de: A. A.Data do favor: xullo de 2023
Curación física / médicaSantiago
4 de maio de 2023

pediu pola saúde dun sobriño, e ao final o quiste resultou ser benigno

Testemuño de: A. A.Data do favor: maio de 2023
Curación física / médicaSantiago
5 de maio de 2021

C M estivo fumando como por seis anos, era totalmente incapaz de deixalo, comezou a encomendarse a Sta Paterna, e un bo día simplemente levantouse sen ganas de fumar, nin “mono”, nin nada, e diso xa fan cinco anos, e ata hoxe…

Testemuño de: C. M.Data do favor: maio de 2021

Comunicar un Favor o Gracia Recibida

Tu testimonio ayuda al expediente de la Causa de Canonización. Puedes elegir si deseas mantenerlo totalmente confidencial para el estudio de la causa o compartirlo públicamente.

Mínimo 20 caracteres. Se foi unha curación ou un favor especial, indícao claramente.

Privacidade e divulgación do testemuño