Aparicións
A aparición de Santa Paderna na fonte
No libro do que foi médico da zona, moi interesado na etnoloxía, Manuel Reimóndez Portela, titulado "A Estrada Rural", edición do ano 2007 e páxina 75, pódese ler: "vén por tradición que na chamada fonte de Santa Paderna apareceu a santa, de aí o seu nome" ("Por tradición chegounos o dato de que na chamada fonte de Santa Paderna [a variación entre Paterna e Paderna deriva de deformacións lingüísticas co paso dos séculos] apareceu a santa, e de aí vén o seu nome").

As aparicións de santos ou santas son un fenómeno non moi frecuente na historia da igrexa e dos santos, o cal dá a este enclave unha singularidade especial.
