Andaina solidaria e apertura do Camiño de Santa Paterna
18 de outubro de 2026
O domingo 18 de outubro celebrouse a andaina solidaria en apoio da AECC, que inaugurou o Camiño de Santa Paterna como variante singular da Vía da Prata. Máis de 300 inscritos, un día soleado, Misa campestre ao chegar e un ambiente festivo con pulpeiros e cancións.
O pasado domingo 18 de outubro tivo lugar a andaina solidaria en apoio da Asociación Española contra o Cáncer, unha xornada que serviu tamén para inaugurar o Camiño de Santa Paterna como variante singular dentro do Camiño de Santiago da Vía da Prata.
Todo discorreu moi ben. Superáronse os 300 inscritos e o día soleado acompañou de principio a fin. Ao chegar, celebrouse unha Misa campestre, e o ambiente foi excelente, con pulpeiros e cancións para compartir.
Grazas a quen participastes e a quen fixestes posible esta xornada solidaria e de inauguración do Camiño de Santa Paterna.