← Volver ás noticias

Festas de Santa Paterna 2026: apertura da Causa e cultos en Arnois

5 de outubro de 2026

Festas de Santa Paterna 2026: apertura da Causa e cultos en Arnois

Do 16 ao 25 de outubro, Arnois celebra as festas de Santa Paterna coa apertura da Causa en Santiago, andaina, peregrinación e misas. Consulta aquí o programa completo.

As festas de Santa Paterna están a chegar e queremos convidarte a vivir este tempo tan especial para a nosa parroquia. Este ano, ademais, a celebración ten un momento destacado: o Acto Público Solemne de Apertura da Causa do tipo de Confirmación do Culto da serva de Deus Paterna Gundesíndez, que terá lugar o venres 16 de outubro ás 17:00 no Obispado, en Santiago de Compostela. O domingo 18 de outubro, a xornada comezará cunha andaina desde Loimil ás 09:30 ata a igrexa. A Misa en Arnois será ás 12:30. O luns 19, ás 19:30, faremos unha peregrinación desde a fonte de Santa Paterna ata a igrexa, onde se celebrará a Misa de dies natalis ás 20:00. Os días mércores 21, xoves 22 e venres 23 terán lugar as Misas de Triduo ás 20:00. O sábado 24 celebraremos San Roque con Misa rezada ás 11:00 e Solemne ás 13:30. O domingo 25, festa de Santa Paterna, haberá Misa rezada ás 11:00 e Solemne ás 13:30. Esperámoste. Que estes días nos axuden a atoparnos, a compartir a fe e a sentirnos máis unidos en torno a Santa Paterna.